Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Laracha
Parroquia: Santa María do Socorro
Lugar: Caión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo sitúase na praza Vila Fano pechando un dos lados desta plaza onde se atopa tamén a igrexa parroquial. Ten unha planta rectangular alongada, contando cunha leira na parte posterior do edificio pechada por unha muralla de pedra mirando cara ó mar.
O acceso principal realízase a través dun arco de medio punto de traza sinxela e con grandes doelas de cantería. A sobriedade na composición das fachadas é a característica principal do edificio, con escasos ocos distribuídos en ámbalas dúas plantas. O volume orixinal foi ampliado con posterioridade pero sen perde-la traza rectangular na súa parte meridional, pero que se dintingue ben xa que está feito cun granito rosáceo. Esta parte correspóndese cunhas dependencias que na súa orixe estaban destinadas o cárcere. Este edificio, segundo Martínez Barbeito, era a sede xurisdiccional, de xustiza e administración da vila.
Está construído con perpiaño irregular e a súa cuberta trázase a tres augas con tella curva do país. Ten varios escudos na súa fachada pero están moi desgastados, tan só se poden identifica-las armas dos Bermúdez, que se repiten no que se sitúa baixo a cornixa xunto cos roeles dos Castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-MARTINEZ BARBEITO, C.: “Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”. León, 1986.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA001.pdf (páx.9).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA004.pdf (páx.4).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3182465152
Lonxitude: -8.60626459122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84