
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: A Laracha
Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)
Lugar: Caión
Outra denominación do ben: Antigo Convento Agostiño
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio de planta rectangular alongada construída con perpiaños irregulares, adousada o muro occidental da igrexa de Santa María do Socorro e que antigamente formaba parte do Convento de Santo Agostiño. As diversas modificacións sufridas o longo do tempo, desvirtúan o aspecto exterior. Nun extremo añadíronlle un volume que rompe a liña do cumio, xa que se subiu a cuberta para gañar altura no interior. Este volume ten entrada dende abaixo, polo lateral do edificio. Consta de dúas alturas con accesos independentes. A disposición dos vans é arbitraria variando ata a mesma tipoloxía das xanelas, agás no lateral que segue un eixo central de simetría con tres vans en cada andar. Na fachada posterior algunhas destas xanelas foron tapiadas con cachotes.
A fachada principal aínda que está construída con perpiaño, está recebada con cemento mostrando esa frialdade que non ten a pedra á vista, agás nos marcos dos vans. Na traseira é a cachotería miúda vista a que compón o paramento vertical. A cuberta está resolta a dúas augas e o engadido a tres con tella curva do país. Carece de elementos significativos: tan só tres brasóns labrados en pedra no centro da fachada principal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Vol. V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA001.pdf (p. 11)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LARACHA/documents/0199CA005.pdf (p.2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3175166675Lonxitude: -8.60629409552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84