
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto
Lugar: Cumio do monte San Bartolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No alto do monte de San Bartolo (407 m) atopamos esta pequena capela dedicada ó santo.
A capelanía da ermida foi fundada por dous labregos en 1681.
Dende o alto do monte teremos unhas vistas espléndidas do Val de Vimianzo, do Val de Salto e de toda a zona central da Terra de Soneira.
E por que se constrúe unha ermida nun lugar tan afastado e inhóspito?, pois hai varias teorías.
O cumio do San Bartolo está cheo de impresionantes penedos de granito de caprichosas formas, que fan pensar a algúns nun culto megalítico.
A cristianización dun lugar sagrado pagán é a teoría que sempre se formulou para explicar a situación da capela, como noutros tantos lugares. Pero tamén existe a posibilidade de relacionalo cunha antiga fortaleza. Manuel Gago aventura que neste punto estratéxico existiu unha fortificación de catro hectáreas con dúas liñas de murallas: http://patrimoniogalego.net/index.php/66294/2014/12/fortificacion-do-monte-de-san-bartolomeu/
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Non existe ningún elemento salientable no interior da capela, xa que a imaxe de San Bartolomeu gárdase na igrexa parroquial de Salto.
Tradición oral:
No alto deste monte celébrase unha romaría máis unha merenda campestre.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1050640799Lonxitude: -9.01287674904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
A Capela de San Bartolomeu en Salto está catalogada nas N.S.P de Vimianzo (1994):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
pero o entorno natural non, definido coma solo forestal, como podemos ver no correspondente plano de ordenación:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404PB008.jpg
Manuel Rial says:
Set 11, 2011
Pois, o anterior goberno ten sinalizado e anunciado nos folletos o entorno natural do San Bartolo para a visita do turismo. O que pasa é que non o catalogaron “por si acaso”, digo eu.
elixiovieites says:
Xuñ 25, 2013
Á esquerda da capela o plano do pxom de Vimianzo ten as letras PN : Solo non urbanizable de protección de espazos naturais. O que xa non se aprecia ben son os límites dese solo.
San Bartolo de Salto | Recunchos da Costa says:
Xul 23, 2013
[…] Patrimoniogalego.net: San Bartolomeu de Salto. […]
Manuel Rial says:
Dec 26, 2014
Actualizada a ficha da capela de san Bartolomeu de Salto despois de que se descubrira que no lugar puido existir unha antiga fortificación
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2014/12/26/localizada-unha-nova-fortificacion-no-monte-de-san-bartolomeu-vimianzo/comment-page-1/#comment-611250