Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Láncara
Parroquia: Armea (San Pedro)
Lugar: Leirado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Trátase dun afloramento rochoso lixeiramente inclinado cunhas dimensións aproximadas de 3 x 4 metros. Na pena insculpíronse unhas sesenta coviñas, algunha con suco, e as letras L e S de factura posterior. O S, no PXOM do Concello de Baralla (inclúeo por seren limítrofe) interprétase, coido que erradamente, como un serpentiforme (na segunda foto apréciase claramente que se trata dunha letra). Pode que as letras fagan alusión a dous lugares en que a pena actuaría como marco divisorio, mais ignoro a cales se poden referir. Pode que o L se refira á aldea de Leirado, canto ao S non atopei ningún sitio, nin na macrotoponimia nin na microtoponimia que achegue algo de luz. Os veciños consultados, de avanzada idade, tampouco conservaban memoria do seu significado.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8474421769
Lonxitude: -7.31492042542
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84