Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Orazo (San Pedro)
Lugar: Castrovite
Outra denominación do ben: Castrovite
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Situado a uns 400 metros de altitude. Obsérvase unha ampla panorámica. As alteracións padecidas ao longo do tempo fan moi difícil recoñecer a súa extensión, sobre todo pola imposibilidade de detectar en superficie o trazado das defensas que o delimitarían. Sometido a varias sondaxes por Xulio Carballo Arceo que constataron unha continuidade no poboamento dende os séculos VIII-V a.C. ata polo menos o século I d.C. Atopáronse restos cerámicos e unha conta de pasta vítrea. Moi modificado por camiños de acceso, unha estrada que discorre pola parte sur, o espazo onde se celebra unha romaría o día 25 de xullo e a capela posta baixo o padroado de Santa Mariña que se ergue na parte máis elevada.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AESTRADA/documents/27777ca001.pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7466710201Lonxitude: -8.34273219109
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Xabier Moure says:
Dec 20, 2013
Coido que o nome de “Santa Mariña de Orazo” non é o nome habitual polo que é coñecido este castro por iso só puxen “Santa Mariña” e “Castrovite”. Incluso o PXOM (ao que ben é certo que moitas veces non lles hai que facer nin caso polos moitos erros que achegan)creo que o denomina como Santa Maríña ou Castrovite.
elixiovieites says:
Xuñ 24, 2014
O Coto de Castrovite ou de Santa Mariña, código GA36017034, no pxom do concello da Estrada, ano 2013, pax. 34 do pdf.
http://xurl.es/5pscq
Oscar Franco says:
Mai 15, 2017
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2017/05/14/legado-silencioso-castrovite/0003_201705D14C8991.htm