Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Sobrado
Parroquia: Codesoso
Lugar: Castro do Seixo
Outra denominación do ben: Coto do Castro e A Castronela
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A impenetrable vexetación impide facer unha descrición aínda que sexa aproximada polo que se achegan datos recollidos do PXOM de Sobrado tirados, por outra banda, da ficha elaborada por Meijide e Rey no ano 1989. Presenta un único recinto circular delimitado por un parapeito e un terraplén. Pola parte norte obsérvanse restos dun foxo cuberto pola matogueira. O sistema defensivo complementaríase co propio relevo. No interior vense as ruínas dalgunhas construcións posteriores cuxas pedras puideron pertencer ao primitivo asentamento e que serían utilizadas polos habitantes do lugar do Castro de Arriba, hoxe en día deshabitado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SOBRADO/documents/26732ca012pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0258276225Lonxitude: -7.97654628754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 6, 2014
“O castro presenta unhas dimensións N-S de 65 metros, e E-O de 82 metros.
No sector E-O-N aparece un foxo defensivo.
A única porta de aceso que posúe está orientada ao SE, cun ancho de 5 metro; o aceso faixe por medio dunha rampla que xira á dereita para penetrar no castro dende o camiño máis baixo.”
RIO LÓPEZ, ANTONIO. “La cultura castreña en Sobrado de los Monjes”. Diputación Provincial-Coruña-Publicaciones. Editorial Diputación Provincial. A Coruña. 1986