
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castelo,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Xallas de Castriz
Lugar: A Choupana . Porto Covo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Nun meandro do río Xallas orientado cara o sur chamado Porto Covo, atópase unha dorsal natural cortada ao medio por un gran foxo duns dez metros de ancho, que separa artificialmente o remate da dorsal coa súa evolución natural ao norte. O promontorio resultante, de aproximadamente dez-quince metros de atura, adquire unha gran condición defensiva, xa que está delimitado ao norte por ese foxo e polas outras tres caras polo río Xallas.
No alto do promontorio non se aprecian defensas nin restos de elementos construtivos ou defensivos adicionais. Foi recentemente deforestado.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0804548206Lonxitude: -8.77026590735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
magago says:
Dec 21, 2013
Desde a miña perspectiva, o recinto é defensivo porque o corte da dorsal axústase moi ben á poliorcética militar: é un foxo curvo que rodea e crea unha mota ben pequena. A título conxetural, eu diría que é unha fortificación medieval, se ben non está claro que esta fose rematada.
elixiovieites says:
Dec 21, 2013
O mapa de pendentes do 2009 da zona do recinto, no meandro do
río Xallas, esquina superior esquerda.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0069A-0305.pdf
Os Bens catalogados no pxom de Santa Comba do ano 2001
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA001.pdf