
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Seoane
Lugar: Mato
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Igrexa de gran tamaño construída na década dos anos sesenta do pasado século XX. Cuberta a dúas augas en lousa. Muros revocados de morteiro de cor branca. A iluminación da nave realízase mediante ventás circulares ao longo da mesma. Sobre o punto onde se cruzan o cruceiro e a nave levántase un volume a modo de cúpula coroado por unha lanterna. Campanario nun dos laterais da fachada principal. A parroquial orixinal estaba no núclo da Eirexe, da que na actualidade só se conserva material litúrxico. No templo custódiase unha cruz parroquial de prata do século XVII e unha campaíña de bronce do século XVI.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.arquitecturatecnicamonforte.es/pxom-monforte.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5384865187Lonxitude: -7.55016088486
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




