
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Berdoias
Lugar:
Outra denominación do ben: Casota dos Mouros, Casota de Berdoias
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
A Casota de Freáns é un dolmen particular dentro do Megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C. Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica. Dimensións: 1,60 m de ancho na cabeceira, 1,48 m na entrada, cunha lonxitude de 2,70 m, cuberta de 2,40 x 3,50 m.
Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces. Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán.
Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade do Bronce.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15092003
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
A lenda conta que estas pedras foron levadas por unha muller (ou a Virxe) na cabeza encanto fiaba nunha roca.
Durante anos, esta casota serviu de refuxio para os pastores de Berdoias.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte. Tórculo Edicións Gráficas, Santiago de Compostela
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0478711086Lonxitude: -9.086355865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
Coma información complementaria, engadir o enlace ao
inventario das N.S.P. (1994) de Vimianzo:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Xose Troiano says:
Set 11, 2011
Tamén se coñece como a “Casota dos Mouros”
Manuel Rial says:
Set 15, 2011
O dolmen do Aprazaduiro, en Laxe, tamén é da mesma rara tipoloxía.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/09/dolmen-de-aprazadoiro/#comment-489
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
Este dolmen ten a consideración de Ben de Interese Cultural en virtude da Resolución
do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural,pola que se acorda
dar publicidade á relación de xacigos megalíticos con arte rupestre e se ordena o seu
asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural. Texto da resolución:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF