
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Saviñao
Parroquia: Mourelos
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
De forma circular, posuía un parapeito que o circundaba e que foi arruinado pola construción das casas, camiños, etc. da aldea de O Castro; o resto está cuberto pola matogueira. Atopáronse tégulas, muíños romanos e unha figura dada a coñecer no ano 1992. Trátase dunha figura de xisto, de feitura tosca, onde o autor tentou destacar a cabeza sobre o resto da representación; sobre os ombreiros salienta un torque groso e liso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5751956407Lonxitude: -7.71673679352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 8, 2015
Contan que un veciño de Portotide foi cortar leña ao castro de Mourelos, e de súpeto aparecéuselle un enorme becerro, que lle dixo:
-Sálvasme ou mátote !
O home aterrorizado deulle un machetazo no medio da cachola, deixando morto ao animal.
Ao morrer o becerro transformouse nunha fermosa rapaza, sendo os mouros do castro quenes fixeran tan malévolo encantamento, tal como pronunciou aquela beleza de muller.
O leñador casou ca rapaza, viviron felices e cheos de riquezas.
O conto foi recollido no libro:”Hadas” de Jesús Callejo
Máis info: http://amaxiadosavinhaoegaliza.blogspot.com.es/search/label/Contos%20das%20nosas%20aldeas