Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Trasalba
Lugar: Formigueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado sobre un pequeno outeiro con boas defensas naturais sobre o río Formigueiro. Conserva restos de posibles murallas. No camiño que sobe ao monte atopáronse algunhas esvásticas gravadas, un muíño de man, fragmentos de terra sigillata e o fragmento dun molde de fundición para agullas.
Na cercana capela de Formigueiro hai un relevo da Idade do Ferro, primeiro utilizado como altar e que na actualidade decora a fachada. Presenta motivos xeométricos e un friso de cabalos, un deles con xinete.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a tradición sobre o castro construíuse unha torre medieval. Ata non hai moitos anos conservábase o costume de ir ao monte de romaría o día das Candeas. Pervive unha lenda de que no lugar se atopa unha trabe de ouro e outra de alcatrán soterradas baixo do monte; para acceder a elas hai que traspasar unha porta tapada coñecida co nome de Penacubiña.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234CA116.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3846572809
Lonxitude: -7.97285556793
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84