
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Fontefría
Lugar: Fontefría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trátase dunha pedra granítica de grao groso, de forma rectangular e fracturada nos laterais, con decoración de eses entrenzadas nas que os cruzamentos dos seus lazos conforman unha decoración romboidal que cubre todo o lateral da peza, enmarcado na parte superior por unha decoración de diamantes, e na zona inferior por un baquetón. A pedra estaría destinada a ser empotrada no paramento dunha casa, quizais do xambeado dunha porta.
A pedra atópase no lavadoiro público de Fontefría, encostada nun muro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234CA116.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3907740615Lonxitude: -7.94697761536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Lansbricae says:
Xan 11, 2014
Sobre esta pedra, a da capela de Formigueiros algunha mais é moi recomendable a lectura do seguinte artigo:
A APROPIACIÓN SIMBÓLICA DA CULTURA MATERIAL CASTREXA NA PAISAXE CULTURAL DOS CHAOS DE AMOEIRO (OURENSE, GALICIA)
ARIZAGA CASTRO, ÁLVARO R., FÁBREGA ÁLVAREZ, PASTOR, AYÁN VILA, XURXO M., RODRÍGUEZ PAZ, ANXO
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/4/14