
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Laxe
Parroquia: Traba (Santiago)
Lugar: Campo da Festa
Outra denominación do ben: Cruceiro do Campo da Festa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo. O pedestal é cuadrangular achafranado levando unha mesa acaroada. No pedestal ten unha inscrición moi luída que di: “EDIFICADO POR BONIFACIO VAZQUEZ CARRIL EN 1920 A LA V DE LOS MILAGROS”. O varal é octogonal con arranque e remate en cadrado. Ten un capitel cilíndrico moldurado rematando en cadrado que soporta unha cruz de sección circular. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans posiblemente abertas, pero o seu desgaste non permite aseguralo. Ten a cabeza ergueita e para adiante cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz amosa a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación debido o seu gran desgaste pola erosión.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– LAREDO CORDONIÉ, J.M.; LEMA SUÁREZ, X.M.: “Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte, I. Bergantiños occidental e Terra de Soneira”. Seminario de estudos comarcais para a promoción cultural da Costa da Morte. Deputación Provincial da Coruña, 2012.
– MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LAXE/documents/27189CA001.pdf (páx.7).
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LAXE/documents/27189CA128.pdf (páxs. 4 e 5).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1810003705Lonxitude: -9.03474748135
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 7, 2026
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150400602.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J (2004). Percorrido polos Cruceiros da Costa da Morte (Galicia). Ed: Asociación Neira.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html