
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: A Veiga
Parroquia: A Veiga (Santa María)
Lugar: A Veiga ( A Cántara da Moura)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O lugar coñecido como “ A Cántara da Moura” é un espazo natural ao pé do río Corzos onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación conforman un lugar de gran beleza.
As covas existentes forman un laberinto natural e na “cántara” o río Corzos vai soterrado formando unha piscina natural sempre fresca, saíndo de novo ao exterior a través dunha porta en forma de fervenza branca e ruídosa que segundo conta a tradición oral foi esculpida na rocha polos mouros
A Cántara da Moura está situada nunha zona onde existen grandes covas, sendo a máis famosa a chamada “ Cova dos escapados”. Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados na guerra civil, pertencentes o bando republicano e que foron perseguidos polos do bando “nacional”. A esta cova só se pode acceder por un pequeno burato, só coñecido polos veciños da zona, ó que lle poñían unha escaleira para baixar que quitaban de seguido unha vez que entraban . Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír gracias a que nesta cova o río vai soterrado e podían pescar as troitas negras do río Corzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda que no interior desta cova habita unha fermosísima moura. Ao rompelo día a moura abandona o seu recanto de pedra para saír a sentarse á beira do río. Alí peitea os seus longos cabelos dourados cun peite de ouro, mentras espera achegarse ás mozas de Corzos que gardan o seu gando, no momento en que pasan o seu carón a moura deixa caer o seu peite. Se a moza que se para a recoller o peite, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro. Se a moza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desleixo da doncela convertíndoa nunha pedra máis das moitas que hai no lugar
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.aveiga.es/?Turismo:Rutas_de_Sendeirismo:A_C%26aacute%3Bntara_da_Moura
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2380975552Lonxitude: -7.02862143517
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




