
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
Lugar: Bosque do Gran Hotel
Outra denominación do ben: Capela do Gran Hotel
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Construída en 1898 e rodeada da tranquilidade do bosque do Gran Hotel, forma parte do Balneario de Mondariz e a que se accede a ela a través dunha ampla escalinata de pedra. O fundador, D. Enrique Peinador Vela, quixo construíla a modo das igrexas románicas salvando as distancias.
Ofrece unha planta de salón cunha capela maior cadrada de 6 x 6 metros separada da nave única rectangular de 10 x 8 metros por un arco triunfal de medio punto que descansa sobre capiteis e semicolumnas recebadas e pintadas de branco.
No exterior ollamos, en cada lateral, dúas xanelas alongadas de medio punto, unha na nave e outra na capela maior, tanto ó norte como ó sur. A fachada construída de bo perpiaño regular a diferenza dos muros laterais que son irregulares, ten unha traza pentagonal. No seu eixo vertical central destaca a súa porta principal de dobre arquivolta que se apoian con dous pares de columnas acobadadas nas xambas. Unha cornixa saínte acentúa a horizontalidade da fachada a altura dos capiteis da portada. Enriba desta portada temos un gran óculo de luz que ilumina o interior da nave. Rompendo o vértice do pentágono, un pequeno corpo rectangular serve de base á espadana dun corpo con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares moldurados que acollen ás campás e rematado por un acroterio moldurado coroado por unha cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.balneariomondariz.es/index.php?V_dir=contents&V_mod=articulos&id=8&PHPSESSID=0lvq7biehj0nessnp4ot2897a1&
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA002.pdf (páx. 4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2268370968Lonxitude: -8.46441060305
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




