Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Veiga
Parroquia: Valdín (Santa María)
Lugar: Valdín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular con teito de cuberta de lousa negra e a dúas augas.Feita a base de sillería de granito e de estilo barroco, fachada case sen decoración cun van cadrada no medio para dar luz ao interior. Rematan os beirados superiores con molduras e con formas curvas. Nas esquinas leva pináculos piramidais. Ten un espazo porticado sobre columnas no lado norte presidido por unha gran cruz de madeira cos adornos das ferramentas da paixón. A porta principal de entrada vai despois dun longo nicho de bóveda de canón que nos dá idea do ancho que teñen os muros para soster o gran campanario que se ergue no centro da fachada. Este arranca de base cadrada con adorno de placas e amosa unha gran balaustrada sobre unha gran cornixa voada. O corpo das campás leva catro ocos con arcos de medio punto e despois doutra cornixa dá paso a un corpo octogonal rematado en pequena cúpula. O lugar da igrexa está rodeada dun muro nun lugar elevado da aldea de Valdín.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AVEIGA/documents/0501CA006.pdf (pax 8 e 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2226064585
Lonxitude: -6.97000980377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84