
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Román de Cervantes
Lugar: San Román
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Descuberta por don Justiniano Rodríguez no muro que pechaba a finca de don Antonio del Río, fronteiro co camiño de Vilar de Cancelada (Becerreá) a Seixas (aldea da parroquia de San Román de Cervantes). Na actualiade atópase en poder de don José Antonio García, da Casa da Caetana, en San Román, gardada no baixo da vivenda. Segundo me contou don José, antes de seren levada para actuar como peche estaba na capela de Santiago, hoxe en día desaparecida. É de pedra de granito e mide 76 centímetros de altura. Trátase dun prisma rectangular apoiado nunha basa con tres molduras. Na cara principal mostra a inscrición romana. Na cara menor dereita ten outra inscrición baixomedieval na que se le: ERA/(M)CXX/FROI/LA PSR/FECI. A romana foi lida e interpretada, nun primeiro momento, de modo pouco crible. Novos informes permiten rectificar a súa lectura deste xeito: C. VALERIVS/CARVS/MIL. LEG. X./V. S. L M. É dicir: “Caius Valerius Carus miles Legionis Decimae”. Estaría datada no século I d.C. Trataríase dun soldado indíxena romanizado; como se sabe, os castrexos foron incorporados ao exército despois da conquista o que serviría para debilitar a capacidade de rebelión das poboacións indíxenas.
A inscrición da ara atópase en regular estado de conservación debido a que durante moitos anos permaneceu xunto un saleiro o que provocou, ao seren de granito fino, o seu deterioro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Antonio García y Bellido: “Nuevos documentos militares de la Hispania romana”.
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/romanizacion.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8684099Lonxitude: -7.0590261
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84