Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Román de Cervantes
Lugar: San Román
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Moi reformada, apenas quedan vestixios da súa orixe románica cuxos elementos foron moi alterados polas sucesivas reformas. De planta rectangular está cuberta en lousa a dúas augas. Os muros foron recebados e pintados de cor branca. A torre do campanario dun corpo e con seis vans é de cemento. O presbiterio é un pouco máis pequeno ca nave. Do conxunto destaca a ábsida. No lateral norte ao presbiterio está a capela dos Quiroga. Aínda que en tempos tivo máis dun retábulo, na actualidade non se conserva ningún. No interior salientan as imaxes de San Román, San Antonio e a Virxe do Carme, esta do século XVIII. Tamén se conserva unha interesante cruz parroquial. Adro-cemiterio ao redor.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8684099
Lonxitude: -7.0590261
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84