Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
Lugar: Mondariz-Balneario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de Planta basilical construída en aparello de bos perpiaños. A capela maior está cuberta con bóveda de casetón por entrecruzamento de nervos que nacen das ménsulas na liña de imposta. Un arco triunfal de medio punto divide a nave coa capela maior. A nave está cuberta con bóveda de canón de madeira. No muro ollamos dúas pilastras con cadanseu capitel a cada lado. Esta igrexa ten un engadido a cada lado facendo ver unha falsa planta de cruz latina. O engadido da esquerda está cuberta con bóveda de canón e a da dereita con bóveda plana. Os arcos de ingreso son de medio punto. No exterior ollamos a ábsida máis alta cá nave con cuberta a catro augas e as capelas laterais a tres augas estando a nave a dúas con tella curva do país.
A fachada principal dividida por catro pilastras acanaladas con capitel ten unha traza pentagonal e simétrica. De abaixo arriba presenta a porta de entrada en arco de medio punto e un óculo de luz. Por enriba deste óculo e pegado a ela, unha cornixa saínte que acentúa a horizontalidade da fachada a altura dos capiteis. Rompendo o vértice do pentágono, un pequeno corpo rectangular serve de base á espadana dun corpo con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares moldurados que acollen ás campás e rematado por un acroterio moldurado coroado por unha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA002.pdf (páx.1).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2250833032
Lonxitude: -8.47094982862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84