
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Sorrizo (San Pedro)
Lugar: Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de Castelo está situado a uns 185 metros sobre o nivel do mar, ocupando unha superfie total de 1,8 Ha. A croa presenta unha forma ovalada, cunhas medidas de 188 metros de lonxitude NL-SO e de 95 metros de NO-SL ocupando unha superfie de 1,13 Ha.
O parapeto delimitador da croa ten unha altura impresionante con respecto ó exterior, superando en algúns lugares os 15 metros, mentras que con respecto ó interior está entre os 2 a 4 metros agás polo Noroeste e Oeste que chegan dos 6 a 10 metros. O sistema defensivo do asentamento compleméntase na zona oeste coa presencia dun foxo de aproximadamente uns 10 metros de ancho e 2 metros de fondo máis ou menos seguido doutro parapeto que cubre esa zona de 2 a 4 metros de altura.
Ten varias entradas ao recinto, salientando dúas, unha polo NO, unha especie de sendeiro que vai ascendendo pola impresionante defensa e que semella a todas luces orixinal. Outra das entradas está situada polo SL, entrada máis ancha duns dous metros que rompe o parapeto.
O castro pódese chegar ben a el, aínda que ten moita vexetación, pódese desfrutar das súas defensas e as súas vistas ó mar e o val de Barrañán.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf
pax. 44
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3007980232Lonxitude: -8.57725381851
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 12, 2014
Mapa de pendentes (Lidar 2009) da zona do castro de Castelo. Sorrizo (Arteixo) http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0044A-0702.pdf