
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Barrañan (San Xián)
Lugar: Barrañán- Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa rural que presenta unha planta de salón, cunha soa nave rectangular e unha capela maior cuadrangular, a que se lle apega polo muro norte, un engadido de dous andares; o baixo de sancristía e o superior para almacenaxe. Construída en cachotería e perpiaño, no muro lateral sur temos unha porta rectangular alintelada cunha xanela cuadrangular enriba e, outra máis no muro da capela maior. Tanto a nave como a capela maior que están a igual altura pero sendo a capela máis estreita, teñen caída a dúas augas con tella curva do país.
A fachada, de extrema sinxeleza, segue un esquema pentagonal cun eixo vertical central simétrico. De abaixo arriba presenta a porta de entrada rectangular alintelada seguida dunha xanela rectangular que lle dá luz o seu interior. Rompendo o vértice do pentágono, un pequeno corpo rectangular serve de base á espadana dun corpo cun arco de medio punto apoiados sobre machóns que acolle á campá e rematado por un acroterio moldurado coroado por unha cruz de pedra. Tanto a fachada como a espadana van flanqueados por pináculos moldurados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3018403892Lonxitude: -8.54450404644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 8, 2021
Engado a seguinte referencia web:
http://cronicasdearteixo.blogspot.com/2021/01/o-san-xian-de-barranan-e-comunidade-de.html