Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Chain (Santa María)
Lugar: A Mourisca
Outra denominación do ben: Capela do Pazo da Mourisca
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela construída a base de cadeirado granítico, dunha soa nave con teitume a dúas augas e con remates en pináculos.
Posúe unha porta de entrada con arco conopial. Sobre ela hai unha fornela con pestana curvada. No medio atópase unha cartela de mármore no que figura a seguinte inscrición:

“RECONSTRUIDA ESTA CAPILLA
POR EL Dr EN MEDICINA Y CIRUJIA
Dº DAMASO MOREIRA
QUIEN LA DEDICA
PERPETUA MEMORIA DE SUS PADRES
OCTUBRE DE 1900”

Na parte alta aparece unha espadana dun so van con arco de medio punto. O conxunto remata cunha cruz de pedra e dous pináculos nos extremos.

No interior as paredes aparecen revocadas. Aínda conserva un pequeno altar. Dentro podemos ver unha tumba labrada co escudo de armas de Castro, onde repousan os restos do fundador, D. Francisco Ferreira de Castro, e do seu sobriño D. Pedro de Castro Ferreira Ulloa e Taboada.

Esta capela atópase ao lado do Pazo da Mourisca (http://patrimoniogalego.net/index.php/66182/2014/12/pazo-da-mourisca/)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Na primeira metade do século XX, ante ela celebrábase a romaxe e festa na honra á Virxe da Soidade cuxa última edición tivo lugar na década dos corenta do século pasado”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA004.pdf (Páxina 7)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
PÉREZ PÉREZ, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012
SOLIÑO TRONCOSO, Manuel, MOSQUERA VELEIRO, José Luis, SOLIÑO TRONCOSO, Alfonso e SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (1995). Gondomar. Historia, Arte y Territorio. Ed: Ir Indo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1176852898
Lonxitude: -8.75151827931
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84