
Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)
Lugar: Mondariz-Balneario - Rúa Doutor Blanco Nájera
Outra denominación do ben: Hotel "O Francés"
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este edificio naceu como un hotel chamado “Hotel Francés”, construído por Adelaida Dumas e o seu fillo Emilio Bardin, de procedencia francesa, a finais do século XIX. Tiña 40 habitacións con capacidade para pouco màis de setenta prazas. O baixo estaba destinado ós servizos de comedor e sala de estar; unha planta a habitacións e no baixo cuberta tiña catro habitacións. A cociña estaba adousada na parte posterior.
Actualmente o edificio consta de dúas plantas e baixo cuberta con teito a dúas augas con tella plana. Edificación rectangular construída a base de perpiaño e cachotería cunha planta simétrica. No seu eixo central, sitúase na planta baixa, a porta de entrada en arco e adovelada flanqueada por cinco vans en arco de medio punto a cada lado. As tres primeiras de cada lado teñen un balaústre de ferro forxado. No andar seguinte, sete vans rectangulares idénticos alintelados con balcóns illados tamén de forxa. Rompendo esa igualdade nos linteis, a xanela do eixo vertical e as do seu carón, que teñen unha moldura. Na parte central do baixo cuberta destaca un corpo cunha altura de tres andares e coas cubertas a dúas augas en sentido contrario o resto da edificación. Na fachada lateral Oeste, no primeiro andar, ten catro xanelas iguais que na fachada e cos mesmos balcóns illados con forxa e dous máis idénticos no baixo cuberta. Polo lateral leste temos dous vans cunha balconada corrida e balaústre de forxa e outra mais no baixo cuberta. Por este lateral hai posta unhas escaleiras de emerxencia.
O Hotel Francés deixou de funcionar a principios dos anos trinta do século XX aínda que continuaría ocupado polo Colexio de Xesuitas ata o ano 1940. Venderíase xa pechado, a Enrique Álvarez (Hotel Estrella), quen o revendeu ós irmáns Álvarez do Souto (Hotel Avelino). Despois pasou a Orde Relixiosa do Divino Maestro para escola. O primeiro curso que se dou neste colexio concertado foi no ano de 1953. Por aquel entón, as clases estaban cheas. Despois pasou a escola-fogar de onde viñan nenos/as de distintas zonas e pasou a ter un internado para os de fóra misturándose cos nenos/as do lugar que non eran internos. Esta institución segueu a funcionar cada vez con menos alumnado ata que no ano 2012 pechou definitivamente.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-PAREDES PARDO, A.: “Epidosios Memorables de Mondariz Balneario”. Deputación de Pontevedra editorial, 2011.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA003.pdf (p. 7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2249184481Lonxitude: -8.46949338913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Andrés Avelino says:
Xan 19, 2014
Agora xa non é escola fogar e anteriormente era o Hotel Francés. Deberían cambiar o título por Hotel Francés. Aberto dende o século XIX até 1936.
Sheila Villar says:
Mar 14, 2022
Estaba buscando información sobre un antiguo hotel en Mondariz balneario y no se si me podrías hablar. Por favor si lees esto ponte en contacto conmigo, gracias.
Mail: villarsheila4@gmail.com