
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Castelo (San Pedro)
Lugar: Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de tipoloxía rural con nave de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. O frontis, con porta alintelada, está realizado en lousa. Espadana dun van. A sancristía está situada nun lenzo lateral como prolongación da nave. Arco triunfal en aresta de medio punto con piastras. Bóveda de canón no presbiterio. No interior retábulo maior sinxelo de factura neoclásica, coas imaxes de Cristo resucitado no medio de dous gardas, San Pedro e San Paulo, o Santo Anxo da Garda do século XVIII, San Roque, a Concepción do século XVI, e o San Antonio. No lateral esquerdo hai outro retábulo coas figuras de Cristo, unha Virxe do século XVIII, un San Xoán do século XIV ou XV e unha cruz parroquial. Adro cemiterio ao redor.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Curiosamente, o topónimo Castelo de Cais, que é onde se atopa a igrexa, non figura no nomenclátor da Xunta de Galicia, constando só como Castelo. O composto, Cais, semella estar relacionado cos cans, ou tamén con calellas ou ruelas. Caridad Arias recolle o topónimo Vila de Cais cuxa orixe retrotrae á forma posesiva Bellacanus ou Viliacanus. Durante o afán castelanizador do Antigo Réxime, chegou a denominarse “Castillo de Perros”. No ano 1275 aparece citado como Castel de Canes. Nun documento do ano 1380, o cabido de Lugo afora un casal no Castelo de Cais (así escrito). Hai quen teoriza que no lugar, que domina toda a contorna ata o castro de Santa María, houbo un castro ou un castelo medieval aínda que non hai datos nin arqueolóxicos nin documentais que o testemuñen.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8555499475Lonxitude: -7.0450258255
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84