Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santa María de Conxo
Lugar: Santiago
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de planta rectangular cos lados curtos paralelos ó camiño. Cuberta a dúas augas soportada por tres piares cadrados nos lados longos e unha parede maciza ó fondo con buratas para ventilación. Os piares das esquinas, máis próximos ó camiño, son dun grosor algo maior. A fronte que dá ó camiño é aberta, cun muro baixo de perpiaño e cachotería, delimitando o espazo do lavadoiro, que se interrompe ós lados para deixar paso. Neste muro hai un burato no medio para o paso da cal de pedra que vai da fonte á pía única do lavadoiro. A pía é rectangular, con catro follas corridas inclinadas para lavar que se interrompen só para deixar paso á cal da auga. É exenta nos catro lados, deixando un corredor de separación cos muros da edificación. Ó fondo parece ter un burato para o desaugue pero o lixo impide velo con claridade. A cal procede dunha fonte cun picho ancho de ferro a uns dous metros do lavadoiro. Todo o conxunto atópase a un nivel inferior ó camiño polo que o picho da fonte está integrado nun muro de cachotería que serve de ribada ó camiño e xusto enriba da fonte hai unha pedra tallada a modo de frontón de perfil ondulado de medio punto pero lisa, sen decoración en relevo, que sobresae do nivel do camiño. Dende o camiño baixa unha escaleira de pedra de catro chanzos e un camiño de empedrado irregular. Na fonte apréciase o principio dunha pía de certa profundidade pero a matogueira e a sedimentación non deixan velo ben . O tellado foi restaurado hai relativamente pouco con estrutura de madeira e tellas sobre uralita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8704916323
Lonxitude: -8.55080723763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84