
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Andurique
Outra denominación do ben: Pazo dos Churruchaos, casa de Suero Gómez de Sotomaior
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Augusto Gonzáles Besada instalou aquí os restos do pazo derrubado dos Churruchaos en Pontevedra. Grazas a isto conservamos a parte central desta casa renacentista. A súa construción atribúese a Diego Gil, un dos arquitectos de Santa María a Maior.
Na actualidade consérvase en Poio a parte central da fachada, con baixo e planta. O portalón de entrada está a esquerda, de arco rebaixado, amplas doelas, xambas abocinadas e decoradas con flores. Na clave sitúase o escudo dos Soutomaior. Á dereita hai outros dous escudos e unha ventá simple enreixada.
Como separación das dúas plantas ofrécese unha vistosa imposta decorada cun groso sogueado entre listel e baquetón. A pranta alta ten dúas ventás, a da esquerda en arco conopial entre dúas columniñas rematadas en pináculos. As xambas e o antepeito está profusamente decoradas con grutescos e motivos vexetais. A fiestra da dereita acaba nun arco rebaixado, coas xambas, que se prolongan ata o chan e son abocinadas, tamén profusamente decoradas.
O cornixón ten na súa parte baixa unha decoración moi orixinal que consiste nunha cadea que nace nas bocas de dúas cabezas humanas nos extremos fachada. Na parte superior temos unha moldura decorada cunha gran habilidade técnica con semiesferas casi exentas.
No interior atopamos un amplo espazo cunha escaleira en pedra que sube pola parede esquerda e a parede do fondo ao andar superior. Neste hai unha porta de acceso con arco conupial de acceso a un único habitáculo. No andar inferior aproveitase o espacio debaixo das escaleiras na parede do fondo para construír unha camara.
Este edificio foi propiedade de dous Pontevedreses ilustres, Augusto Gómez Besada, Ministro e creador do Insituto Central de Experiencias Técnico-Forestaís, e de Suero Gómez de Sotomaior, partidario de Isabel a católica, que se enfrentou na toma de Pontevedra a Pedro “Madruga” Álvarez de Sotomaior, partidario da Beltranexa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● FONTOIRA SURÍS, Rafael “Pontevedra Monumental” Excma. Diputación de Pontevedra, 2009. P. 251.
● ACUÑA RODRÍGUEZ, Xosé Enrique. “Pontevedra Vellas Imaxes”. Vigo: Deputación de Pontevedra, 1997. ISBN: 84-88363-86-9. Páx. 77.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4334085454Lonxitude: -8.66218864918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Xan 25, 2014
A finca Besada na prensa :
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/03/18/finca-besada-retrocede-1913/527800.html