
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Mos
Parroquia: Petelos (San Mamede)
Lugar: Rexenxo
Outra denominación do ben: Peto de ánimas do Adro
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto sen fornela, embutido na parede do cemiterio parroquial, e cunhas dimensións de 4 m. de alto por 1,5 m. de ancho.
Ten un telladiño arqueado sobre o que se colocou unha esfera que serve de soporte a unha cruz moi fina, cilíndrica e con vultos en forma de nós que fai de coroamento do referido peto. Baixo a cruz aparece a imaxe da Nosa Señora das Angustias.
O retablo aparece presidido por un monxe franciscano (seguramente San Francisco de Asís), quen destaca entre un grupo de sete ánimas que se atopan nas lapas purificadoras do purgatorio. O santo estende a súa man cara a dous que se atopan ao seu arredor. O conxunto complétase co seu correspondente caixón para esmolas.
A día de hoxe podemos ver os restos de policromía do peto. Grazas a una fotografía antiga publicada por Vicente Risco, vemos como o peto estaba completamente policromado, e como antigamente o monumento estaba exento, e nun lugar semellante ao actual.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha E_040)
http://www.oocities.org/xufp/peto_Rexenxo.htm
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1918306309Lonxitude: -8.64055261016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




