Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María a Maior)
Lugar: Enfesta de San Telmo 23, Praza do Peirao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Século XX,
Descrición:

Edificio construído en diferentes etapas. Nos planos da cidade de 1856 xa se recolle a existencia dunha cosntrución neste espacio. No ano 1931 engádeselle un andar a un xa existente, pero non é ata mediados dos anos 50 cando, segundo o proxecto de D. Juan Argerti Navas, engádeselle un andar máis cun faiado baixo o teitume. Adquirindo deste xeito o perfil característico co que o coñecemos hoxe en día.
No ano 2002, o COAAT adxudica a restauración do edificio a Celestino Braña. Inaugurándose como sede do Colexio de arquitectos en 2005.

O edificio é senlleiro na arquitectura do casco vello por estar completamente illado entre plazas, rúas e espazos axardinados. Presenta tres andares con fiestras con arcos rebaixados nos seus muros de pedra. No fachada da rúa Barón presenta no primeiro andar un balcón e no segundo andar unha galería exenta nas dúas fiestras dos extremos. Na cota de terra, as fiestras e portas están cubertas con elementos protectores en aceiro “corten”, con troquelados en forma de folla de carballo que aportan luminosidade ao interior. No teitume, a cuberta de tellas vai rematada en cobre con prominentes gárgolas de forma intencionada.

O espazo interior foi totalmente remodelado na súa restauración desbotando a anterior carpintería en madeira incluída unha escaleira de caracol. Agora hai un espazo baleiro, no que se atopan as escaleiras e confluen as dúas entradas, que se eleva a través dos tres andares deica o teitume no que se abre unha xanela na cara norte que ilumina diagonalmente o interior.

O espazo baleiro, está limitado por dous muros paralelos de formigón no que se modulan os espazos interiores. Ditos muros están erguidos sobre un ‘micropilotaxe’ para non danar os posibles restos arqueolóxicos nas capas inferiores do edificio.

O chairo feito en carpinteria de madeira que se sustenta na pedra e no formigón. As traslosadas píntanse ao aceite e os quitamedos das escaleiras, no espazo interior, realízanse en cristal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Varios autores. “Sede del Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos de Pontevedra” Edita COAAT. Pontevedra 2006.

LIGAZÓNS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA206.pdf (ficha 1-03-01)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4346264061
Lonxitude: -8.6457413435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84