Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande, Vivenda singular,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Rúa Real 37
Outra denominación do ben: Casa dos Murga
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo da nobreza construído no século XVI e pertencente a dúas familias vascas asentadas en Pontevedra, os Murga e os Ibaizabal.

Consta de planta baixa e dous andares. Amosa na súa fachada principal un alfiz característico do século XVI, que bordea un escudo de grandes dimensións, coas armas de Ibaizábal, Aldao, Salázar e Villegas. O escudo está timbrado cun casco co seu penacho e adornado con lambrequíns, e unha cabeza de anxo baixo a punta do escudo.

A porta de acceso está rematada nun arco carpanel de tres centros, cun pequeno escudo na clave. Os dous primeiros andares levan portas balconeiras e o terceiro ten un balcón que ocupa toda a fachada.

Na fachada lateral esquerda, na Rúa Real, hai outro pequeno escudo totalmente cadrado sobre unha cartela, coas armas dos Murga.

O edificio foi empregado como casa de postas no século XVIII pola súa situación privilexiada próxima a ponte do Burgo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FONTOIRA SURÍS, Rafael. “Pontevedra Monumental”. Ed. Deputación de Pontevedra. Pontevedra 2009. ISBN: 978-84-8457-327-2. Páxina 221.

MESSIA DE LA CERDA Y PITA, Luis F. “Heráldica. Escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona monumental de Pontevedra”. Pontevedra: Diputación de Pontevedra, 1989. ISBN: 84-86845-22-X. Escudo lateral, páxinas 239-241. Escudo de la fachada, páxinas 242-245.

“Inventario do patrimonio cultural da provincia de Pontevedra” Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4340768672
Lonxitude: -8.64497154951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84