Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Vilasante (Santiago)
Lugar: Vilasante
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada na parte máis alta do pobo. De factura sinxela, presenta unha nave rectangular, con muros de manpostería e cachotaría de pizarra. A cuberta é en lousa a dúas augas. O presbiterio é un pouco máis elevado ca nave. O frontis con porta alintelada, e espadana con dous vans. Adro-cemiterio ao redor. No lenzo aprécianse restos dun pórtico. No interior, o retábulo é de estilo renacentista, da segunda metade do século XVI, coas figuras de San Xoán Evanxelista, Virxe sedente co Neno Xesús de finais do século XII ou principios do XIII, imaxe do Neno Deus, do século XIV, Santa co Neno e San Antonio de finais do século XVII. Na igrexa consérvanse un cáliz de prata do século XVIII e unha custodia do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).

Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.812843992
Lonxitude: -7.04798698425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84