Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Catedral de Santiago
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igrexa de Santa María A Antiga formaba parte dun antigo mosteiro da “Corticela”, fundación do obispo Sisnando I, a finais do século IX, sen que se poida descartar unha orixe máis antiga, en relación co “descubrimento” da Tumba de Santiago. A primitiva Corticela tiña tres alturas dedicadas a San Esteban, San Silvestre e Santa Columba, advocacións que axiña desaparecerían e que pasaría á advocación de San Martiño, aló polo século X, levantando un oratorio ó final da centuria coa autorización do bispo Pedro de Mezonzo. Esta nova igrexa construíuse trala destrucción da primitiva polo caudillo musulmán Almanzor en agosto do ano 997. O primitivo templo prerrománico, seguindo o modelo da igrexa xacobea de Afonso III, consagrada no 899, a súa cabeceira organizaríase cun presbiterio cuadrangular, único e de amplas proporcións, que iluminaría unha aula de tres curtas naves, separadas por piares de sección rectangular, onde catro dos seus ábacos serven de soleira de cimentación a unha das columnas actuais. A cuberta de madeira cóbrese con teitume de madeira a dúas augas, as laterais faríano a unha.
O edificio existente mantén, a pesar das reconstrucións sufridas ó longo dos séculos, en particular a que seguíu á devastación de Almanzor, que debeu repetir fielmente a proposta inicial, e que tamén semella ter condicionado a efectuada a mediados do século XIII, que conforma a fábrica actual.
Da antiga fábrica, á parte o mantemento de boa parte da planta e a concepción xeral dos seus volumes, quedan os antes nomeados ábacos, descubertos durante a restauración feita no ano 1966.
Durante o episcopado de don Juán Arias (1238-1266), a Corticela sufreu unha profunda remodelación que parece manter unha parte significativa da antiga planta e dos seus alzados, malia reducirse a dous os tres tramos primitivos e de separarse mediante esveltas columnas, con capiteis de follas. Tamén se intensificou a iluminación cenital coa apertura de óculos sobre o arco triunfal do presbiterio e a portada occidental. A maior modificación posterior foi o engadido das dúas capelas laterais, de desiguais proporcións e absoluta austeridade ornamental que, paradoxicamente, reforzan a apariencia prerrománica do edificio.
A capela de san Nicolás do cruceiro catedralicio está estreitamente relacionada coa Corticela. Se a súa construcción obrigou a corta-la lonxitude das súas naves, finalmente converteuse en paso obrigado entre a Catedral e a antiga igrexa monacal, non sendo obstáculo sequera, as acusadas diferencias de nivel entre ambas, salvándose cunha sinxela escalinata sobre a que se levanta unha magnífica portada, unha pequena xoia dos seguidores do Mestre Mateo. As súas arquivoltas, de medio punto, presentan unha extraordinaria decoración vexetal que enmarca a Epifanía do tímpano. Como as figuras de María co Neno, Xosé e o primeiro dos Magos están tallados en pezas independentes encaixadas no tímpano, segundo a técnica empregada no propio Pórtico da Gloria.
Este fermoso templo, apéndice da catedral de Santiago é, dende tempo inmemorial, parroquia de estranxeiros e vascos. No seu interior, a planta basilical fórmana tres naves, ollando como a central adquire unha gran altura iluminándose con profundos ventanais; mentres cas naves laterais, tamén co artesonado de madeira e a unha vertente como xa comentaramos,fican moito máis baixas e ilumínanse a través dos ventanais abertos nos seus muros. Destaca tamén a pía bautismal gótica e bronces do escultor compostelano Jesús León, un sarcófago con lauda en “stola antropomórfica” do século VI, da necrópole cristiana, do subsolo da Catedral e máis detalles interesantes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CONANT, K.J.: “Arquitectura románica de la catedral de Santiago”. Vigo,1983.
-FILGUEIRA VALVERDE, J.: “Guía de Santiago”. Madrid, 1932.
-FILGUEIRA VALVERDE, J.: “Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itineraarios”. Santiago, 1950.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”, Vol. XI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8808798695
Lonxitude: -8.54409098625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84