
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Segundo muíño no regueiro de Cons. Situado nunha pendente na beira esquerda. Forma un conxunto de muíños irmáns xunto cos muíño de Baixo da Fábrica e do muíño do Bravo. E dicir, o caudal que sae pola boca do inferno de muíño da Fábrica abastece a canle do muíño de Baixo da Fábrica que a súa vez abastece o do Bravo para rematar de volta no regueiro.
O muíño da Fábrica pertence a tipoloxía do muíño de cubo, neste caso cilíndrico formado por aneis de granito fino de gran tamaño formando unha columna que se inclina lixeiramente na súa base para enxertarse directamente na estrutura do muíño. A boca do cubo, protexida por una grades de fundición, é alimentada de caudal por una canle construída por varios tramos dunha peza de pedra. Están sostidos por piares de cachotería erguidos sobre un muro macizo para salvar a pendente. O muro amosa un paso que o separa do muíño en si.
O edificio do muíño e de planta rectangular, muros de cachotería e tellado a unha auga. Presenta unha porta de acceso na cara oeste. Nesta cara tamén atopamos un pousadoiro, a dereita da porta, e varias inscricións no marco da porta. Nunha pedra de cantería da xamba vemos unha cruz sobre bóla do mundo e na lumieira unha inscrición que reza:
AVE MA. G.P
ANO DE 1752
Na tinalla do muíño, podemos observar un rodicio de fundición, que propulsa a pedra da moa, e mesmo unha biqueira para dirixir a auga cara as palas do rodicio para movelo.
O muiño foi feito por encargo do Rector da parroquía , D. Manuel José Sánchez y Barbeito, en 1752. Logo do seu falecemento foi doado a Fábrica da Igrexa para finalmente ser vendido en 1842
No ano 2012 foi novamente restaurado pola Asociación Cultural Deportiva Campañó.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campaño”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 15, 1961 , págs. 31.
“Solicitude de autorización para restauración de muíños, situados entre muíño do Gaiteiro e muíño da Mexadoira de abaixo, nos lugares de Piñeiro-carballiños e Ferreiros”. Boletón Oficial da Provincia de Pontevedra. Nº 29. Venres, 29 de febreiro de 2012. Páx. 6.
http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=650038&fileName=bop.PONTEVEDRA.20120210.029.pdf
LIGAZÓNS WEB:
Todo Pontevedra:
http://www.pontevedra.eu/todo/que-e
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4727299985Lonxitude: -8.67322325706
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Isaac says:
Xan 28, 2014
Espectacular o muiño.