Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O último do conxunto de muíños irmáns de Piñeiro. Recolle na súa canle a auga que provén da boca do inferno do muíño de Baixo da Fabrica para a súa vez desembocar no regueiro de Cons. Construción en pedra de cachotería cos marcos dos vans en perpiaño. Remata nun teitume a unha auga de tellas. Presenta dúas cruces gravadas na lumieira da porta e nunha xamba. Amosa falta de pedras na esquina que repousa sobre o requeiro e que pode supor un risco para a construción. O cubo rectangular e inclinado, feito con grandes laxes de pedra de granito, comeza ao mesmo nivel do edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Solicitude de autorización para restauración de muíños, situados entre muíño do Gaiteiro e muíño da Mexadoira de abaixo, nos lugares de Piñeiro-carballiños e Ferreiros”. Boletón Oficial da Provincia de Pontevedra. Nº 29. Venres, 29 de febreiro de 2012. Páx. 6.

http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=650038&fileName=bop.PONTEVEDRA.20120210.029.pdf

LIGAZÓNS WEB:
Todo Pontevedra:

http://www.pontevedra.eu/todo/que-e


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Amosa falta de pedras na esquina que repousa sobre o regueiro, o que pode supor un risco para a construción no futuro.


Onde está localizado

Latitude: 42.4725950518
Lonxitude: -8.67260667712
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84