
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño feito de cachotería na beira dereita do regueiro de Cons. Situado entre o muíño da Mexadoira e o muiño de Don Pedro. Está construído nunha ladeira de forte pendente. O rego de caudal, que comeza 50 metros antes, está cuberto por terra e emprégase como camiño de acceso. Remata nun canleiro, hoxe desaparecido, para abastecer un cubo rectangulo inclinado socabado no mesmo terreo. No interior, un pé e a súa moa. Pola cara sur hai un pousadoiro á esquerda da porta. A parede sobre a boca do inferno está alombada cara fóra.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Solicitude de autorización para restauración de muíños, situados entre muíño do Gaiteiro e muíño da Mexadoira de abaixo, nos lugares de Piñeiro-carballiños e Ferreiros”. Boletón Oficial da Provincia de Pontevedra. Nº 29. Venres, 29 de febreiro de 2012. Páx. 6.
http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=650038&fileName=bop.PONTEVEDRA.20120210.029.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4702415249Lonxitude: -8.66063359381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




