Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muiño de cubo situado na marxen esquerda do regato de Cons, a poucos metros antes da autopista do Atlántico, adosado a unha forte perdente do monte. Os muros son de cachotaría. Presenta un rego de abastecemento que comeza a uns 20 metros aproveitando a forte pendente do regato, remata directamente nun cubo rectangular integrado na estrutura do muíño. A boca do inferno está feita entre bloques de perpiaño moi irregular, por onde vemos que aínda conserva o pé da moa. O acceso ao tremiaño non é posible.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Solicitude de autorización para restauración de muíños, situados entre muíño do Gaiteiro e muíño da Mexadoira de abaixo, nos lugares de Piñeiro-carballiños e Ferreiros”. Boletón Oficial da Provincia de Pontevedra. Nº 29. Venres, 29 de febreiro de 2012. Páx. 6.
http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=650038&fileName=bop.PONTEVEDRA.20120210.029.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O lugar está cuberto de maleza e corrementos de terra da ladeira do monte. O que parece un vieiro de acceso é en realidade o rego de abastecemento de caudal, pero está totalmente cuberta pola terra.


Onde está localizado

Latitude: 42.4699009628
Lonxitude: -8.65938431059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84