Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castroverde
Parroquia: A Pumarega (Santa Mariña)
Lugar: A Pumarega
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Construción que mestura diferentes estilos: románico na nave e de transición ao renacemento no presbiterio. Nave cuberta a dúas augas. O frontis é de cachotaría con porta con arco de medio punto e sobre ela unha pequena seteira. O presbiterio é máis amplo e elevado ca nave, cuberto a catro augas. Os muros laterais rematan nunha forte cornixa sobre robustos modillóns. Espadana dun van. Adro-cemiterio ao redor. O retábulo maior é neoclásico, mentres que os laterais son barrocos, do século XVIII.
No muro de peche do adro consérvase un peto de ánimas.
Nas inmediacións atópase o castro da Pumarega.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CASTROVERDE/documents/26345CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9819523619
Lonxitude: -7.31831073761
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84