
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María a Maior)
Lugar: Rúa do Barón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado na confluencia da rúa do Barón coa rúa Maceda. Presenta unha plataforma octogonal de tres chanzos, estando situado o primeiro a bastante altura do ras do chan. Nel unha verxa de fundición rodea un pedestal octogonal con catro contrafortes. O varal, de planta octogonal, presenta unha decoración de catro semiesferas no comezo e oito no remate. Todas elas situadas nas mesmas caras nas diagonais da planta. Capitel con moldura en bocel e plinto de arestas laterais rebaixadas. A cruz con remates en flor presenta unha virxe no anverso e un Cristo no reverso con cartela de INRI exenta e sobresaíndo sobre os brazos da cruz.
Vendo o tipo de pedra e feitura vemos que a plataforma e o pedestal son de época posterior ao resto do conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4341891113Lonxitude: -8.64552707971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 15, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/cruceiro-da-rua-do-baron/202412081022001332841.html