Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Ría de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Muíño de cubo soterrado acaroado a unha vivenda. A acea, que atrapaba o caudal, estaba 30 metros arriba na beira esquerda do regueiro de Pintos. O tramo final da canle, feita en pedra, desembocaba directamente no cubo cuberto no seu inicio e soterrado na forte pendente do monte onde estaba situado o muíño. A edificación era de planta cadrada con porta de acceso a carón do cubo, pequena bufarda pola outra beira, teitume a unha auga, hoxe desaparecida e desembocaba directamente no cubo dun muíño próximo. Pola beira sur oeste estaba acaroado a unha vivenda de dous andares.

A vivenda ten teitume e piso de madeira, hoxe desaparecidos. Posúe tres entradas, dúas no andar térreo por un lateral e pola beira anterior, e outra no primeiro andar pola beira posterior. No primeiro andar vense varios ocos nas paredes para armarios, e mesmo un forno.

Nas lumieiras das portas posteriores aprécianse labras de cruces.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Estado de abandono.


Onde está localizado

Latitude: 42.4194089514
Lonxitude: -8.60926362902
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84