Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben: Antigo faro Vilán
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Durante o reinado de Isabel II acometeuse o plan xeral para o alumeado marítimo das costas e portos de España, levantándose a partires do 1847 ata un total de 127 faros en todo o litoral peninsular. Entre eles proxectouse un faro de cuarta orde para o Cabo Vilán, na esquina máis perigosa da Costa da Morte. Unha Real Orde aprobou en 1852 a construcción do primeiro faro, unha torre octogonal de sillería rematada por un cilindro onde estaba a linterna. Sen embargo, a súa luz non sería de todo eficaz, xa que era obstruída pola voluminosa rocha da punta do cabo. Dinamitouse o promontorio rochoso e elevouse o faro, mais todo foi inútil, aquela obra construída en 1854 non puido evitar desastres como o do “Serpent”, quedando en desuso en 1897 dándolle o relevo o seu irmá, un coloso feito obra de arte no corazón da Costa da Morte.
O antigo faro está nun estado de abandono podendo ser un complemento ideal pra o museo do cabo que hai nas actuais vivendas dos fareiros. Bótase de menos a súa recuperación e uns paneis onde narrarían a súa historia, de como funcionaba, etc,etc. As pedras das antigas vivendas deste faro foron a parar o peirao do Curbeiro, outra terrible historia de desfeitas, xunto coa do castelo do Soberano, na triste historia de Camariñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-LEMA SUÁREZ, Xª Mª :(2003) Polos faros da Costa da Morte; Tórculo Artes Gráficas, Santiago de Compostela
-SORALUCE BLOND, J.R.: “Vilán, la última luz”, La voz 1993
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.15868976959469
Lonxitude: -9.210920333862304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84