Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
En 1874, constrúese no outeiro do Casteliño a Ermida do Sagrado Corazón, lugar ao que acudían numerosos devotos.
En 1878 comézase a facer un vía crucis que comeza no adro da igrexa parroquial, sube pola ladeira do monte e remata nun calvario a uns vinte metros da ermida.
O vía crucis consta de catorce cruces espalladas a intervalos regulares agás a primeira e a segunda. Todas elas da mesma feitura constan dun pedestal de planta cadrada de 86 a 96 cm. de altura cun ancho de 46cm., rematadas nunha moldura de latón. Na fronte, en baixo relevo e pintadas en vermello, está unha cruz e o número da estación correspondente. Sobre o pedestal unha cruz latina de sección cilíndrica. O conxunto repousa sobre un ha plataforma plana que salva o desnivel do terreo.
A derradeira estación consiste nun calvario con tres cruces ao xeito das anteriores, sobre unha plataforma de tres chanzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SANCHÉZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas” Edita Concello de Ponte Caldelas. 1990. ISBN: 84-505-9371-9. Páx. 116.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3976104563Lonxitude: -8.50511312485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 18, 2014
A subida a ese monte faise seguindo un via crucis de pedra, existindo unha lenda sobre unha pisada do cabalo do apóstolo Santiago nunha rocha das inmediacións.