Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María a Maior)
Lugar: Rúa Galera con Avd Uruguay
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O anfolín é un almacén de sal.

Foi construído no século XVIII en cantería de granito e carpintería de madeira incluídos os chairos dos andares. Ten dous andares e un teitume de tella.

É un testemuño do pasado pesqueiro de Pontevedra no que a manufactura do salgado do peixe, principalmente sardiña, era unha das principais actividades económicas. O tamaño do edificio e a súa situación estratéxica a carón do que antes era un porto, nos da unha idea da súa importancia.

Daquel pasado non tan remoto, soamente quedan este alfolín e algunhas vivendas de pescadores no barrio da Moureira.

Con posterioridades ao seu uso como alfolín tivo outras finalidades. Hai 10 anos había unha discoteca no seu andar inferior. O edifico finalmente quedou en desuso.

O concello contemplou a súa demolición e a construción dun parque e no verán de 2012 comezáronse as obras de demolición. Ditas obras foron paralizadas por un informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FONTOIRA SURÍS, Rafael. “Pontevedra Monumental” Ed. Deputación de Pontevedra. Pontevedra 2009.

LIGAZÓNS WEB:
– Pontevedra Viva. “Urbanismo ditamina negativamente a demolición do “alfolí” da sal”.
http://pontevedraviva.com/xeral/5517/louro-urbanismo-dictamen-negativo-demolicion-alfoli-sal-pontevedra/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Derribado parcialmente para a construción dun parque. As obras están temporalmente paralizadas


Onde está localizado

Latitude: 42.4356593318
Lonxitude: -8.64697548777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84