
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Soutonovo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro labrado en granito fino. Érguese sobre unha plataforma da que so podemos ver dous chanzos. É máis que probable que houbera un terceiro que agora está soterrado baixo o asfalto. O pedestal é de planta cadrada e rectangular de alzado con arestas redondeadas, e o varal cilíndrico de grosor uniforme.
O capitel é unha labra rudimentaria con volutas nas esquinas e querubíns na parte central, excepto nunha cara, que atopamos unha caveira sobre dúas tibias. Anel a modo de colariño na parte inferior e ábaco de lados cóncavos.
Como ven sendo costume ao trasladar os cruceiros e montalos de novo en épocas recentes, atopamos a caveira no lado da virxe cando debería estar no lado do Cristo. A caveira faría referencia ao monte Gólgota no que Cristo foi crucificado, que precisamente significa caveira.
A cruz ten brazos cilíndricos con nós e remate irregular. Nunha beira atopamos a unha imaxe da Virxe na súa advocación da Quinta Angustia, e noutra a Cristo crucificado. Son labras, ainda que rudimentarias e desproporcionadas, que amosan grande cantidade de detalles, sen dúbida a copia popular da obra dun mestre.
A Virxe viste un amplo manto que os cubre a ámbos os dous formando unha cuberta, e hábitos de monxa. Sostén no seu colo o corpo de Cristo, sen barba e pelo curto, proporcionalmente máis pequeno que a virxe, que case parece un meniño. A man dereita da Virxe pasa por debaixo do pescozo do Cristo, mentres que o brazo esquerdo, curvo e extremadamente longo, pasa por enriba carrexando o corpo pola cadeira. A man esquerda de Cristo, desproporcionadamente grande parece alzarse para coller o brazo esquerdo da Virxe. As súas pernas son moi curtas.
Pola outra beira, atopamos a Crucifixión cun Cristo de tres cravos co corpo pegado a cruz, fronte pequena e sen coroa de espiñas, ollos pechados e cabeza moi grande, lixeiramente ladeada cara o seu ombreiro dereito; ventre plano flanqueado por cinco liñas de costelas que chegan deica as súas cadeiras; pano de pureza curto con nó a súa esquerda; mans pechadas con perda de dedos, por mor dalgún accidente, na súa dereita.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, 1961, Nº 15. ISSN 0210-7791. pp. 56-57.
“Planos Espcíficos de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O cruceiro atópase no medio dunha zona de transito de vehículos que moitas veces topan co cruceiro. A plataforma xa mostra sinaís de danos polo transito dos vehículos. Nunha esquina, a esquerda da Virxe das Angustias, podemos ver unha pedra que está solta. Esta zona está moi próxima a unha zona de aparcadoiro privado.
Fraiz Rodriguez menciona e fotografía unha mesa formando parte do conxunto do cruceiro. Hoxe en día xa non atopamos a mesa.
Onde está localizado
Latitude: 42.4795071942Lonxitude: -8.66302582652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Pablo Eirín says:
Feb 14, 2014
Non se atopa no:
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf