
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Soutonovo
Outra denominación do ben: Cruceiro de Sabarís, cruceiro de Bouzas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro en granito con plataforma cadrada de tres chanzos, e pedestal cúbico con ornamentos xeométricos labrados nas súas catro caras. O varal, de sección cadrada no seu comezo, pasa a ser octogonal coas caras cóncavas a escasos centímetros de altura. Nun lateral atopamos unha serpe con perdida de volume na cabeza, e na parte frontal, temos a imaxe de san Pedro con atributos papais. O capitel é composto, cunhas follas de acanto rudimentarias e volutas nas esquinas. Na parte central do capitel aparecen querubíns e baixo Cristo, unha caveira sobre tibias.
A cruz ten unha orientación pouco convencional pois os seus brazos están dispostos en diagonal respecto á planta cadrada da plataforma e non en paralelo a dous dos seus lados como é tradicional. A cruz é de sección cilíndrica con nós e extremos irregulares. Na parte traseira, oposta ao lado de San Pedro, temos un Cristo crucificado baixo cartela de INRI. A cabeza, con coroa de espiñas, está lixeiramente inclinada cara adiante e a un lado. As súas costelas forman unha ‘V’ invertida sobre un ventre plano e sen peitorais. Os brazos son curtos e as mans con dedos abertos. Os pés, un sobre outro, están cravados por un mesmo cravo directamente sobre o hastil da cruz. O pano de pureza, moi curto, está anoado a súa dereita. Na outra beira, temos a Virxe das Dores sobre a cabeza dun querubín. Vai cuberta por un longo manto que lle chega aos pés.
Observamos perdas de volume na cabeza da serpe no varal e no brazo dereito do Cristo. A súa montaxe como fica dito, é pouco convencional.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, 1961. Nº 15. ISSN 0210-7791. pp. 58-59.
“Planos Espcíficos de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4793845469Lonxitude: -8.65994128615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(1 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Pablo Eirín says:
Feb 14, 2014
Non se atopa no:
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf