Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Chavaga (San Xoán)
Lugar: O Cotelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída no século XVII. Ten nave rectangular cuberta en lousa a dúas augas. Os muros son de cachotaría de pedra revocada con morteiro, agás na fachada principal que está á vista. Ten un adro cuberto anexo á arruinada reitoral sobre o que se ergue unha espadana de dous vans. Para acceder á espadana acaroaron a un dos muros unhas escaleiras de ferro. No interior conserva tres retábulos do século XVIII, coas imaxes de San Xoán, San Antonio, San Bartolomeu, San Roque, Santa Catarina e a Virxe do Rosario. A sancristía é do século XVIII onde se pode ver unha imaxe barroca da Inmaculada Concepción. Adro-cemiterio ao redor. Nas inmediacións hai un castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_11_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5366706546
Lonxitude: -7.43210077286
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84