Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Moreda (San Salvador)
Lugar: Bacelares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A torre presenta unha planta rectangular e fábrica de cantaría de granito, con soto e dous andares. A porta principal, alintelada de aresta con liña curva na parte superior, ábrese á altura do primeiro andar, accedéndose por unha escaleira exterior. Porta e escaleira están defendidas por unha seteira. No primeiro piso ábresense tamén dúas ventás alinteladas, localizándose no lado sur unha porta que comunica a torre coa vivenda. No segundo andar ábrese unha fiestra con arco de medio punto e doelas. Malia datar probablemente do século XV, os restos da fábrica do paramento exterior da fachada oeste presentan diferenzas co resto do edificio o que parece indicar que se trata dunha reedificación. Ao parecer, a primitiva torre foi destruída polos Irmandiños.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5415086252Lonxitude: -7.60279655457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84