
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Pompeán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre cinco grandes chanzos cadrados de pedra. A súa base é un bloque cúbico de pedra con inscricións pouco lexibles nos seus laterais. O varal de forma octogonal posúe unha imaxe dun monxe na súa metade e está rematado por un capitel de estilo xónico con volutas. A súa cruz posúe as arestas rebaixadas e os brazos potenzados. As imaxes que contén son, no anverso, a Cristo crucificado baixo cartela de INRI, e no reverso a Virxe coroada co Neno no colo e disposta nunha peaña con caras. Por riba dela, no traveseiro da cruz, aparecen dous anxos.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5402458088Lonxitude: -8.71064811945
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84