Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: O Freixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma de catro chanzos e un pedestal cuadrangular. O varal, cuadrangular no seu comezo e oitavado no remate, presenta unha inscrición no anverso de difícil lectura pola calidade do granito e a defectuosa labra (Fraiz Rodríguez 1961):

ESTE C
RUCERO
POR LA DE
BOCION
I ANIMA DE
ISAB DEL FREI
JO I ESPOSO

O capitel e a cruz son de distinto tipo de granito, de mellor calidade ou máis fino, e mesmo distinta labra. Atopamos volutas nas esquina do capitel, en na parte central de cara, entre as volutas, unha caveira sobre tibias, baixo o Cristo, e un “santiño” nas outras tres caras.

Na cruz, de sección cuadrangular, colga un cristo de brazos estilizados, unido aos brazos da mesma. Se representa xa morto, coa cabeza profundamente inclinada cara a dereita. Os dedos índice e medio, están abertos en actitude de bendicir. O pano de pureza se cingue en varios pregos, anoándose cara atrás. Pende de tres cravos, servindo de ‘supedaneum’ unha caveira en medio de catro tibias cruzadas.

No reverso atopamos a Virxe da Inmaculada Concepción, en actitude orante, coa cabeza erguida tocada con coroa real, e unha longa cabeleira que lle cubre simetricamente os ombreiros, chegando ata cintura. Cúbrese con túnica e manto que forma esveltos pregues, que caen sobre a cabeza dun anxo que estende as súas as nos pés da Virxe.

O Conxunto está actualmente rodeado por catro dentes de dragón, realizados en cantería de granito, para evitar as acometidas dos vehículos


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campaño”. El Museo de Pontevedra, 1961. Nº 15. ISSN 0210-7791. Páxs. 41.

“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf

“Planos espedícificos de infraestructuras do Concello de Pontevedra. Campañó” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4568568926
Lonxitude: -8.65184637934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84