
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Casal de Mendo
Outra denominación do ben: Cruceiro de Campañó
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trasladado vaias, veces, unha en 1949 e outra recentemente con motivo do asfaltada da estrada. Hai noticias de que estaba orixinalmente polícromado (Fraíz Rodríguez p. 44).
O cruceiro amosa plataforma de planta cadrada de tres chanzos, baixo unha peana rectangular con arestas superiores rebaixadas, e que ten na cara frontal un epígrafe:
ESTA OBRA LA MANDO
AZER ESTEBAN
CORREDOIRA POR
SU DEVOCION ANO DE
Sendo a última liña a do ano totalmente ilexible. Posiblemente erosionada no traslado de 1949 en que o pedestal quedou máis afundido na plataforma.
O varal, de tres metros, de sección cadrada na súa base e octogonal no remate, presenta tres santiños. No anverso, atopamos a San Antonio ou San Francisco. A un metro por enriba deste outro santiño con ornamentos sacerdotais, posiblemente San Ildefonso. No reverso, 5 cm máis pequeno que os anteriores atopamos a San Antonio Abade.
O capitel é corintio con volutas nas esquinas, e cabezas de anxo na parte media, escepto no anverso, coincidindo coa figura do Cristo, onde atopamos un caveira sobre dúas tibias.
No anverso, aparece Cristo que pende de tres cravos baixo cartela de INRI, coa cabeza alzada mirando a dereita. O nó do pano de pureza teno á esquerda e a súa perna esquerda sobre a dereita.
No reverso, aparece a virxe das Angustias que mide o mesmo que a cruz. Viste habito monxil e coa súa man dereita sostén a cabeza do Cristo mentres que coa esquerda sostén a súa man. O corpo do Cristo é máis pequeno que o da virxe en proporción, e está apoiado no seu colo, mentres que as súas pernas e a súa man dereita colgan.
No 2009, un temporal derrubou o cruceiro e partíuno en diversos anacos. Catro anos mais tarde foi restaurado, sendo as súas pezas consolidadas e adheridas con resinas. Como resultado a superficie da pedra loce completamente limpa, sen a pátina do tempo. Tamén amosa perdas de volume na cabeza do Cristo, no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. En: El Museo de Pontevedra, 1961, Nº 15, pp. 44-47. ISSN 0210-7791.
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar) Vigo: Editorial Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. páx. 167 Fig. 69, e Lámina LVII.
LIGAZÓNS WEB:
“La borrasca ‘Quinten’ derriba un cruceiro catalogado BIC en Campañó”. El Progreso, 2009-02-09. [consulta: 2014-02-07] . Dispoñible en: http://elprogreso.galiciae.com/nova/24933.html
“Campañó recupera su cruceiro”. Faro de Vigo, 2013-12-21. [consulta: 2014-02-07]. Dispoñible en:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/12/21/campano-recupera-cruceiro/936685.html
“Planos Espcíficos de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.460974068Lonxitude: -8.66672962904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Pablo Eirín says:
Feb 14, 2014
Se lle chama Cruceiro de Cabaleiro no:
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf