Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Campaño de Arriba / Cabaleiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro moi sinxelo nas suas formas, sobre plataforma de base cadrada e tan só dous chanzos. Pedestal cuadrangular cun varal de sección cadrada no seu comezo e octogonal no remate. Capitel de estilo toscano e sobre el, unha cruz achatada e achaflanada nos extremos, con outra cruz inscrita en baixorrelevo. Segundo Fraiz Rodríguez, podería ser de principios do século XVI.

Hoxe atópase a carón da entrada dunha casa, rodeado por un seto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Fraiz Rodríguez, di que, nos anos sesenta , se fala da Santa Compaña rondando por este cruceiro, así como da presencia de ofrendas e de pucheiros e recipientes coas máis raras misturas para quitar o mal de ollo. Conta de boca dun veciño como este, ao achegarse despois das doce da noite, atopou o cruceiro rodeado de auga, e todo arredor cheo de moitas luces así como un murmurio de oracións mesturado con laios e lúgubres cantos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 15, 1961, págs. 53-55.

“Planos Específicos de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4644593488
Lonxitude: -8.67093297869
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84