Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cereixo
Lugar: Cereixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Casa grande de estilo barroco de finais do século XVIII. A súa planta presenta forma de “L”, como o veciño pazo das Torres. Ten dous pisos e no seu alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres, de estilo compostelán, son de boa labra de pedra. Está feita de pedra en forma de perpiaños nos esquinais e nos vans, e de cachotes nos panos.

Esta era a casa onde se cobraban os foros dos arredores. De aí que nos seus terreos exista un enorme cabazo (hórreo) de dezanove pares de pés, converténdoo no terceiro máis grande de Galicia. Os seus lindes son o regato de Cereixo ó oeste e o río do Porto ó norte.

Tamén conta cun pombal de planta circular, que se ve dende o paseo fluvial que pasa ó seu carón, polo río de Cereixo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.vimianzo.es


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13245828331194
Lonxitude: -9.125567078590393
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84